Segundo apuntou o Executivo autonómico nun comunicado, con este obxectivo reuniuse o grupo de traballo encargado de poñer en marcha esta iniciativa que lidera a Xunta e que conta co apoio da Axencia de Cultura e Educación da Comisión Europea.
No encontro, que estivo presidido polo responsable de Política Lingüística da Administración autonómica, Anxo Lorenzo, participaron representantes da Academia de l'Aragonés, do Euskarabidea e de varias universidades francesas, que prepararon as accións principais que constitúen a axenda de traballo do proxecto.
Neste escenario, segundo informou a Xunta, puxeron as bases e deseñáronse as liñas de actuación daquelas accións que se desenvolverán ao longo de todo o ano 2011, entre as que destaca a elaboración dunha exposición itinerante, a organización dun congreso en Santiago sobre a diversidade lingüística e cultural nas Rutas Xacobeas e a construción dunha páxina web con contidos sobre esta temática.
Fuente: http://es.noticias.yahoo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario