ENCONTRO IBÉRICO DE TRADUCTORES DE SOFTWARE LIBRE A LINGUAS MINORIZADAS

Proxecto Trasno vén de anunciar que os vindeiros 4 e 5 de Outubro celebrarase o I Encontro ibérico de tradutores de Software Libre a linguas minorizadas.

Baixo o lema “Porque acceder á tecnoloxía no noso idioma é un dereito!” reuniranse por primeira vez todos os grupos de tradutores de Software Libre ás linguas minorizadas, ou en risco de desaparición, da península ibérica: Proxecto Trasno, Softaragonés, Softastur, Softcatalá e Librezale.

Galicia, da man da Asociación Proxecto Trasno, e coa colaboración da AMTEGA, exercerá de anfitrioa deste primeiro encontro con dous obxectivos principais:

Posta en común da problemática coa que se atopan na súa labor os grupos de tradución de Software Libre a linguas minorizadas.
Sentar as bases dunha relación de colaboración, a través da que se unan as forzas, se poñan en común recursos, que permitan mellorar o rendemento e a calidade dos traballos.


O programa do encontro está agora mesmo en fase de desenvolvemento, estando aberto ata as 12:00 horas do día 7 de setembro un “call for papers” para que todos os interesados en participar poidan enviar as súas propostas de mesas ou grupos de traballo.

As propostas deben remitirse á conta de correo da organización, sendo avaliadas polos coordinadores dos grupos promotores da actividade.

O encontro estase a organizar en torno a mesas sectoriais e grupos de traballo, nos que se pretende xuntar aos equipos «oficiais» de tradución dos produtos de Mozilla ,Firefox, FirefoxOS, Thunderbird; das suites ofimáticas LibreOffice e Apache Openoffice; dos contornos de escritorio, Gnome, Mate, Kde, LXDE; de distribucións de GNU/Linux, Debian, MiniNo, Ubuntu, Mint, Fedora; así como de outro proxectos ou aplicativos libres, ownCloud. OpenMediaVault, Android/Cianogenmod, etc.

Por suposto, o encontro está aberto á participación de calquera persoa interesada na tradución de software ou de produtos tecnolóxicos. Aquelas persoas que non estean integradas ou manteñan unha relación de colaboración cos equipos oficias de tradución serán benvidas a participar como convidadas nestes grupos de traballo.

Haberá tamén mesas especializadas en temáticas, problemáticas, recursos, etc de interese común para todos os proxectos, como terminoloxía e lingüística; creación, uso e publicación de memorias de tradución; Ferramentas Tac; etc

A organización do evento aclara tamén, que non se ben non se falará da problemática doutros idiomas da península ibérica como o español ou o portugués por non seren idiomas minorizados nin en risco de extinción, as persoas tradutoras destas linguas son ben recibidas nos grupos de traballo, xa que a súa experiencia será sempre enriquecedora.

Localización e inscrición
O encontro celebrarase nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia a fin de semana do 4 e 5 de outubro. O horario será de 11:00 a 20:00 horas do Sábado e de 10:00 a 13:30 do Doming.

A asistencia a este encontro é aberta e gratuíta, sendo preciso inscribirse previamente para facilitar a organización das mesas e espazos de traballo. Os interesados en asistir poden inscribirse a través do formulario de inscrición habilitado aos efectos.

Colaboración
O I Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas forma parte das actividades que a asociacioń Trasno realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Este encontro é promovido polos seguintes grupos/equipos nacionais de tradución:

Softaragonés:
ye una organización sin animo de lucro que mira de fomentar l’emplego de l’aragonés en internet y as nuevas tecnolochías. A suya actividat mas important ye a localización de software, ye decir, a traducción y adaptación de programas informaticos ta que se puedan usar en aragonés, y se puede emplegar en ellos a luenga aragonesa con total funcionalidat.

Softastur:
somos una asociación ensin ánimu de llucru que trabaya pol Software Llibre en llingua Asturiana. Ente los nuesos proyeutos tán la llocalización a llingua asturiana del Sistema Operativu Ubuntu, Firefox, LibreOffice, Thunderbird, ... Android (Cyanogenmod), y dalgunes aplicaciones pa smartphones y tabletes.

Softcatalà:
és una associació sense ànim de lucre, registrada inicialment el 1998 com a tal a Mallorca, l'objectiu bàsic de la qual és fomentar l'ús del català a la informàtica, Internet i les noves tecnologies. Tot i estar registrada a Mallorca, Softcatalà desenvolupa la seva activitat arreu dels Països Catalans amb normalitat.

Librezale.org:
Euskara informatikaren munduan bultzatzea helburu duen lantalde irekia da Librezale. Ez dauka egitura finkorik eta jatorri eta ikuskera askotako lagunek osatzen dute taldea. Software librea tresna gisa erabiliz, euskara informatikan eta gizartean hedatzeko lanean dabil komunitate ireki hau.

Proxecto Trasno:
é unha comunidade aberta de voluntarios que, dende 1999, adícanse a localizar software libre ao galego. Sendo un proxecto de colaboración por medio da Internet para traducir aplicativos informáticos ao galego, tendo o seu campo de traballo só no software libre, é un proxecto formado por voluntarios, que aportan o seu tempo e esforzo a esta actividade e é un punto de encontro para todos aqueles que queremos que haxa tecnoloxía en galego.

Fuente: http://encontro.trasno.net/ y http://www.mancomun.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario